Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2017 pola que se dá publicidade á formalización do contrato de servizo para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria centrada no novo modelo industrial e na creación de emprego (expediente 02/2017 SXT).

Para os efectos do previsto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), esta consellería dálle publicidade á formalización do contrato de servizo para o desenvolvemento dunha campaña publicitaria centrada no novo modelo industrial e na creación de emprego.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 02/2017 SXT.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=99264.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha campaña publicitaria de ámbito galego centrada no novo modelo industrial e na creación de emprego.

c) Lotes: non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79.341000-6 (servizos de publicidade).

e) Acordo marco: non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE), Boletín Oficial del Estado (BOE) e Diario Oficial de Galicia (DOG).

g) Data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 6 de xaneiro de 2017; BOE núm. 10, do 16 de xaneiro de 2017 e DOG núm. 9, do 13 de xaneiro de 2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.297.520,66 euros.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.297.520,66 euros. Importe total: 1.570.000 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de maio de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 7 de xuño de 2017.

c) Contratista: Avante Marketing y Medios, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 1.284.799,88 euros. Importe total (IVE 21 %): 1.554.607,85 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: selecciona dous targets de campaña diferenciados: empresarios/as e demandantes de emprego. Realiza unha completa análise de medios, segregando por soportes e territorios, atendendo aos medios consumidos polo core target e utilizando criterios de afinidade. Ademais, establece estreitas relacións entre os medios analizados e os hábitos de consumo de medios do core target de campaña. Achega unha estratexia axeitada en que xoga cos silencios informativos, favorecendo o recordo. Estrutura a campaña en dúas quendas. Vincula o uso de medios e a distribución en quendas cos períodos ofertados para a campaña, momentos que coinciden cos de maior actividade económica e creación de emprego no ano. Combinan televisións locais e autonómicas o que permite un reforzo da campaña por territorios. Presenta unha proposta de seguimento e control de campaña adecuada. Así, segundo o informe técnico relativo á valoración da documentación dos aspectos cualitativos obtivo 45,25 puntos. Segundo o informe técnico relativo á valoración da documentación dos aspectos cuantitativos obtivo 38,66 puntos. Obtén un total de 83,91 puntos, puntuación superior á das outras entidades admitidas á licitación.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria