Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 29 de xuño de 2017 Páx. 31904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 7 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia (expediente PO-26/2017 e un máis).

De conformidade co disposto no artigo 44.5 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), as notificacións que non fosen posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e a súa publicación no boletín oficial da comunidade autónoma é facultativa.

Polo anterior e despois de tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás interesadas que constan no anexo, mediante este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas dependencias do Servizo de Coordinación Industrial de Vigo da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situado na praza da Estrela, s/n, 36201 en Vigo (Pontevedra), para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Vigo, 7 de xuño de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado (Comercio)

Expediente

Acto

Concello

El Mundo de la Imaginación Zhicong, S.U.

PO-26/2017

Inicio de expediente sancionador

Vilagarcía de Arousa

El Mundo de la Imaginación Zhicong, S.U.

PO-25/2017

Inicio de expediente sancionador

Vilagarcía de Arousa