Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 27 de xuño de 2017 Páx. 31538

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (352/2014).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Susana Cid Alonso fronte a Bogdan Stelu Pal, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución literal é a seguinte:

Senteza nº 1371/2016.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 14 de decembro de 2016.

Vistos os presentes autos nº 352/2014, sobre petición de alimentos, promovidos pola procuradora Sra. Nespereira, en nome e representación de Susana Cid Alonso, baixo a asistencia letrada da Sra. Grande, fronte a Bogdan Stelu Pal, declarado en rebeldía, coa intervención do Ministerio Fiscal.

Dispoño:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia do menor XXXXXXXXXX, así como a súa pensión de alimentos:

a) Atribúeselle a garda e custodia do menor XXXXX á nai. A patria potestade compartirana ambos os proxenitores.

b) Atribúeselles o uso e desfrute da vivenda familiar, así como o enxoval doméstico, ao menor e á nai, baixo cuxa custodia queda.

c) Establécese como réxime de visitas en favor do pai:

– Martes, mércores e xoves desde as 18.00 horas ás 20.00 horas, con entrega e recollida no domicilio materno.

d) En concepto de alimentos, o pai deberá ingresar todos os meses a cantidade de 150 € na conta que designe a nai, por meses anticipados, dentro dos cinco primeiros días de cada mes. A pensión actualizarase anualmente conforme o incremento que experimente o IPC xeral ou índice que no futuro o substitúa, con referencia ao 1 de xaneiro de cada ano. Así mesmo, impónselle a obriga de sufragar o 50 % dos gastos extraordinarios que se poidan producir, diferenciando entre os necesarios (gastos médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, clases extraescolares, cursos de verán, clases de apoio), nos cales non é necesario o consentimento previo das partes, e os non necesarios, que deberán ser consensuados.

E ao estar o dito demandado, Bogdan Stelu Pal, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 2 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza