Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31438

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (631/2013).

PO. Procedemento ordinario 631/2013

Demandante: Manuel Bertrand Pérez Peña, Laureano Bello Pita

Avogados: José Luis González-Dopeso López, Alejandro Navarro García

Demandados: Neo Energy Solutions, S.L., Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Raan Logisti, Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 631/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Bertrand Pérez Peña, Laureano Bello Pita contra Neo Energy Solutions, S.L., Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, Raan Logisti, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Acordo:

– Suspender o acto de xuízo sinalado para o día da data e sinalar novamente para o día 4.10.2017 ás 12.05 horas para a celebración da conciliación e o día 4.10.2017 ás 12.10 horas para a celebración do xuízo, polo que se deben citar as partes expedindo as oportunas cédulas de citación coas advertencias legais e, se for o caso, as cédulas de citación e os oficios necesarios para a práctica no acto de xuízo das probas propostas.

– Ter por ampliada a demanda contra o administrador concursal da entidade Ingeniería y Montajes Alén, Mauro Antonio Puga Martínez, cítese este remitíndolle copia da demanda presentada e do resto de documentos, e cédula de citación, e advírtanse as partes do disposto nos artigos 82.2 e 83 da LXS.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Neo Energy Solutions, S.L., Servicios de Ingeniería y Montajes Alén, S.L. e Raan Logisti, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza