Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31435

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (187/2016)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 187/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Pacheco Buján contra Transcerofer, S.L., César Rodríguez Fernández e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o 4 de maio de 2017.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Francisco Javier Pacheco Buján presentou demanda de execución contra Transcerofer, S.L., César Rodríguez Fernández e Fogasa.

Segundo. Ditouse Auto polo cal se despacha execución con data do 7 de outubro de 2016, e polo Auto do 15 de novembro declárase extinguida a relación laboral que unía a Francisco Javier Pacheco Buján con Transcerofer, S.L. e César Rodríguez Fernández, e condénanse os executados a lle aboar solidariamente ao executante a suma de 7.013,16 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral con data da presente resolución e a suma de 12.705,66 euros en concepto de salarios de tramitación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de traba e déuselles a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Francisco Javier Pacheco Buján.

Fundamentos de dereito.

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS) que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer traba e embargo, se efectuarán as investigacións procedentes e, de seren infrutuosas total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación:

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar os executados, Transcerofer, S.L. e César Rodríguez Fernández, en situación de insolvencia total por importe de 19.718,82 euros en concepto de principal (7.013,16 euros en concepto de indemnización e 12.705,66 euros en concepto de salarios de tramitación) máis outros 1.971,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme esta resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274, no Banco Santander, S.A., e indicar, no campo “Concepto” “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, incluso se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo “Observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/A letrado/a da Administración de xustiza».

Para que sirva, para os efectos de publicidade, a declaración de insolvencia de César Rodríguez Fernández, insírase este edicto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza