Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (93/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 93/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Hierros Touriño Santiago, S.A., se ditou a seguinte resolución:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo presentou solicitude de execución da Sentenza 96/2017 do 16 de febreiro de 2017 ditada no procedemento Seguridade Social 939/2013 fronte a Hierros Touriño Santiago, S.A., e, atendendo a dita solicitude, o 30 de marzo de 2017 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 1.261,12 euros en concepto de principal, máis outros 126,11 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Hierros Touriño Santiago, S.A., realizada polo Decreto do 16 de outubro de 2014, ditado por este órgano xudicial no procedemento EXE 197/09.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, se ditou o 30 de marzo de 2017 decreto dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta nos autos.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, e poderase ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as pescudas de bens do artigo 250 desta lei; deberase dar audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria cumpríronse os requisitos e trámites de pescuda de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñeceren novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisional para todos os efectos, mentres non se lle coñezan novos bens ao executada.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Hierros Touriño Santiago, S.A. en situación de insolvencia total por importe de 1.261,12 euros en concepto de principal, máis outros 126,11 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, inscríbase no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia perante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para efectuar os actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer perante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso” seguida do “31 social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Hierros Touriño Santiago, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para inserir no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza