Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 26 de xuño de 2017 Páx. 31440

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 663/2014).

PO. Procedemento ordinario 663/2014

Procedemento de orixe: sobre ordinario

Demandante: Alicia García Marcos

Avogado: Pedro Blanco Lobeiras

Demandados: Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.L.U. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial)

Avogado: Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 663/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alicia García Marcos contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.L.U. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Acordo:

– Ter por desisitida a Alicia García Marcos da súa demanda contra Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.L.U. e Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

– Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme a presente resolución.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos e déixese certificación deste no procedemento da súa razón.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social (LXS), no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres-cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela ao xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para interpor recurso de 25 euros, na conta número 1596, clave 64 N, no Banesto, e indicar, no campo «Concepto», “Recurso” seguido do código “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, a indicación “Recurso” seguida do “31 Social-revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo «Observacións» a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Compostelana de Alojamientos y Servicios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza