Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31164

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 587/2016, do 6 de outubro de 2015, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 2015, pronunciou a Sentenza número 587/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4577/2011, interposto por Sociedad Anónima de Obras y Servicios (Copasa), contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento; sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos parcialmente o recurso contencioso-administrativo interposto por Sociedad Anónima de Obras y Servicios (Copasa) contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos por ser contraria ao dereito. Non se fai imposición das custas do recurso».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo