Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31165

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 591/2016, do 6 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 2016, pronunciou a Sentenza número 591/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4576/2011, interposto por Xardín das Burgas, S.A., sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Que debemos estimar e estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola procuradora María Fara Aguiar Boudín, en nome e representación de Xardín das Burgas, S.A.; contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento; e anulamos o decreto contra o que se recorreu.

Sen condena en custas».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo