Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza 579/2016, do 6 de outubro, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 6 de outubro de 2016, pronunciou a Sentenza número 579/2016, ditada no procedemento ordinario nº 4578/2011, interposto pola Asociación de propietarios de fincas urbanas de Ourense contra o Decreto 187/2011, do 29 de setembro, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se suspende parcialmente a vixencia do Plan xeral de ordenación urbana do concello de Ourense e se aproba a ordenación urbanística provisional ata a entrada en vigor do novo planeamento; sentenza que na súa parte dispositiva literalmente di:

«Estimamos o recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación de Propietarios de Fincas urbanas de Ourense contra a disposición indicada no primeiro fundamento desta sentenza, que anulamos, por ser contraria ao dereito, mentres que se inclúen ámbitos de carácter privado na ordenación urbanística provisional que aproba. Non se fai imposición das custas do recurso».

A citada sentenza foi declarada firme.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

María Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo