Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31148

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1089/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1089/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Marcos Vázquez López contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., Gas Natural SDG, S.A. (Gas Natural Fenosa), Fogasa e José Antonio Vázquez Pérez, sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva din literalmente:

«Sentenza.

A Coruña, 29 de maio de 2017

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento número 1089/2014, seguidos ante este xulgado por instancia de Juan Marcos Vázquez López, asistido do letrado Pedro Pedreira Candal, contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., que non comparece, a súa administración concursal, na persoa de Jesús Antonio Vázquez Pérez, Unión Fenosa Distribución, S.A., representada pola letrada Carmen Pereira Sáez, e contra o Fogasa, que non comparece, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes…

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Marcos Vázquez López e condeno solidariamente as empresas Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. e Unión Fenosa Distribución, S.A. a aboaren ao demandante a cantidade de 8.812,43 euros.

Condénase a administración concursal da empresa a estar e pasar por esta declaración no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito para interporen contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza