Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 370/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 370/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gamero Abeleira contra o Fogasa, e Falcón Contratas y Seguridad, S.A. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza 307/2017.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 370/2015

Demandante: José Gamero Abeleira

Letrado: sr. Varela García

Demandados: Falcón Contratas y Seguridad, S.A. y Fogasa

A Coruña, 25 de maio de 2017

Decido:

1. Estimo a demanda formulada por José Gamero Abeleira contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e, en consecuencia, condeno esta a pagar ao primeiro a suma de 1.552,05 euros, así como o xuro por demora do artigo 29.3 da ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza