Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 1231/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1231/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lucía Cupeiro Baldomir contra Prosenorsa, S.L., Fogasa, administración concursal de Prosenorsa, S.L. (Insolvency Legal, AD CON Segur Ibérica (Landwellpricewaterhousecoopers Tax&Legal Services), empresa Segur Ibérica, S.A. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza.

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1231/2014

Demandante: Lucía Cupeiro Baldomir

Letrada: sra. Vázquez Méndez

Demandados: Prosenorsa, S.L., administración concursal de Prosenorsa, S.L. (non comparece), Segur Ibérica, S.A., administración concursal de Segur Ibérica (non comparece), Fogasa

A Coruña, 25 de maio de 2017

Decido:

1. Estimar a demanda formulada por Lucía Cupeiro Baldomir contra Prosenorsa, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagar á primeira a suma de 1.176,47 euros, así como o xuro por demora do artigo 29.3 do ET.

2. Desestimar a pretensión formulada por Lucía Cupeiro Baldomir contra Segur Ibérica, S.A. e, en consecuencia, absólvoa de todo pedimento dirixido contra ela.

3. As administracións concursais das demandadas, así como o Fogasa dentro do seu límite de responsabilidade, deberán pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Prosenorsa, S.L. e Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese as destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza