Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31142

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (136/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 136/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Sotelo Beltrán contra Falcón Contratas y Seguridad, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade nº 136/2016

Demandante: José Antonio Sotelo Beltrán

Letrado: Sr. Pedreira Candal

Demandada: Falcón Contratas y Seguridad, S.A.

Fogasa

Sentenza 249/2017.

A Coruña, 12 de maio de 2017.

Decido:

Estimo a demanda formulada por José Antonio Sotelo Beltrán fronte a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 11.933,99 euros, así como o xuro de demora do artigo 29.3 do ET.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Falcón Contratas y Seguridad, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza