Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 23 de xuño de 2017 Páx. 31140

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (836/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 (Reforzo) da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 836/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Correa Astray contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

Na Coruña o 7 de abril de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento de despedimento nº 836/2016 seguidos perante este xulgado por instancia de Rubén Correa Astray, representado polo letrado Laureano Costoya Meijide, contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., e Fogasa que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por Rubén Correa Astray contra Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., e declaro improcedente o despedimento do traballador e ante a imposibilidade de readmisión declaro extinguida a súa relación laboral coa empresa demandada, con efectos na data da presente resolución, e condeno a empresa a estar e pasar por esta declaración e a aboarlle ao demandante unha indemnización de 1.196,39 euros.

Así mesmo, condénase a empresa a aboarlle ao traballador a cantidade de 1.730,72 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones e Importaciones Atlánticas, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 7 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza