Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30805

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (5/2014).

A Coruña, 25 de maio de 2017

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co número 5/2014, nos cales figuran como partes, dun lado, como demandante, Concepción López Zalduendo, asistida pola letrada Sra. Álvarez Santos, e, doutro, como demandadas, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, ambos asistidos pola letrada Sra. Regueira Rodríguez, a Mutua Intercomarcal, asistida pola letrada, Sra. Ojea Castro, e a empresa Maruchi 2008 Peluquería, S.L., que non comparece, sobre incapacidade temporal, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza:

«Decido

Estimar a demanda formulada por Concepción López Zalduendo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Intercomarcal e a empresa Maruchi 2008 Peluquería, S.L. e , en consecuencia:

– Condénase a empresa Maruchi 2008 Peluquería, S.L. a aboar a Concepción López Zalduendo a prestación de IT por continxencia común sobre unha base reguladora de 32,66 euros diarios desde o seu inicio (23 de marzo de 2013 até a finalización da relación laboral (8 de xullo de 2013) da cal responderá a Mutua Intercomarcal, con responsabilidade do INSS en caso de insolvencia da Mutua.

– Condénase Mutua Intercomarcal a aboar a Concepción López Zalduendo a prestación de IT por continxencia común sobre unha base reguladora de 32,66 euros diarios desde a data da extinción da relación laboral (8 de xullo de 2013) até a finalización do período de baixa (6 de febreiro de 2014), con responsabilidade do INSS en caso de insolvencia da Mutua.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal bastará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».