Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30804

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (995/2014).

Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña, vistos estes autos seguidos neste xulgado co número 995/2014, sendo parte nel, dun lado, como demandante, Victoria García Esteban, asistida pola letrada Sra. Álvarez Santos, e, doutro, como demandada, a empresa Cumbraos 2010, S.L., que non comparece, con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que igualmente deixa de comparecer, sobre reclamación de cantidade, pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza.

Resolvo:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Victoria García Esteban contra a empresa Cumbraos 2010, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Condénase a empresa Cumbraos 2010, S.L. a lle aboar a Victoria García Esteban a cantidade de mil setecentos setenta euros con vinte e un céntimos de euro (1.770,21 euros) que devindicará xuros legais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

A Coruña, 24 de maio de 2017