Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30807

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 234/2015).

PO. Procedemento ordinario 234/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandante: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandados: Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa)

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa), en reclamación por ordinario, rexistrado co nº procedemento ordinario 234/2015 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa), en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 10.7.2017 ás 13.30 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Así mesmo, requírese para que achegue ao acto do xuízo os seguintes documentos:

Os indicados pola parte demandante no seu escrito de demanda (outrosí segundo):

• Modelo 036 (declaración censual de alta, modificación e baixa no Censo de empresarios, profesionais e retentores correspondente aos períodos reclamados).

• Modelo 390 (declaración-resumo anual IVE correspondente aos períodos reclamados).

• Modelo 347 (declaración anual informativa de operacións con terceiras persoas).

• Contratos de traballo subscritos vixentes nos períodos reclamados.

Advírteselle que se os citados documentos non se presentan no xuízo sen mediar causa xustificada, poderanse considerar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (art. 94.2 da LXS).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Diseño y Construcción, S.A. (Diconsa), expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza