Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30809

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETNX 68/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos non xudiciais 68/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Plata Pais contra a empresa José Manuel Muíño Sánchez e Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, Dolores Plata Pais, fronte a José Manuel Muíño Sánchez e Fogasa, por importe de 10.286,73 euros en concepto de principal, máis outros 1.028,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluentes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á constitución do título. Non será admisible a compensación de débedas como causa de oposición á execución».

«Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

• Requirir o executado José Manuel Muíño Sánchez co fin de que, no prazo de 10 días, aboe a cantidade de 10.286,73 € en concepto de principal, máis outros 1.028,73 € euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o dito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0068 17), con apercibimento de que, en caso de no cumprir o requirimento no prazo conferido, embargaranse os seus bens para cubrir a dita suma, logo da súa indagación a través da aplicación informática deste xulgado.

• Requirir a José Manuel Muíño Sánchez co fin de que, no prazo de 10 días, manifeste unha relación de bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesen, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS)».

E para que sirva de notificación en legal forma a José Manuel Muíño Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017

A letrada da Administración de xustiza