Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 8 de xuño de 2017 pola que se dá traslado do impreso de pagamento de multas e sancións para o seu aboamento en período voluntario, derivada do expediente sancionador SIL/69/2013-B2, devolta polo servizo de Correos por resultar a destinataria ausente na repartición.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 7.4.2017 deu traslado do impreso de pagamento de multas e sancións a Marta Díaz Lorenzo.

O día 11.10.2016, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou impoñerlle unha segunda multa coercitiva a Marta Díaz Lorenzo como consecuencia de incumprir o ordenado nas resolucións do 28.9.2001, 12.12.2012 e 21.4.2016.

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra fallou, mediante auto número 41/2017, do 3.4.2017, desestimar a solicitude de medida cautelar solicitada por Marta Díaz Lorenzo relativa á suspensión da Resolución do 11.10.2016 do director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística. Este auto foi declarado firme o 5.4.2017.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Marta Díaz Lorenzo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística