Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30860

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servizo de análise, deseño, desenvolvemento e implantación do Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais da Xunta de Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0037).

missing image file

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/PA/0037.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de análise, deseño, desenvolvemento e implantación do Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais da Xunta de Galicia.

Con carácter xeral este servizo comprende:

a. O deseño conceptual e técnico do Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais.

b. O desenvolvemento das evolucións do Sistema de información para a xestión integral de rexistros para cumprir os requirimentos do Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais.

c. A implantación no Rexistro de Actividades Empresariais, Industriais e Comerciais de novos Rexistros e funcionalidades.

d. No caso de prórroga do contrato, desenvolvemento de novas funcionalidades, que se concretarán na formalización da correspondentes prórroga, así como mantemento evolutivo, correctivo e adaptativo do desenvolvido na execución do servizo.

b) División por lotes e número: non.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo para a prestación dos servizos obxecto do presente contrato será de 24 meses a contar a partir do 1.8.2017. Se a data de formalización do contrato for posterior a esta última, o prazo de execución de 24 meses computarase desde a data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto harmonizado.

4. Valor estimado: 1.289.376,00 € (sen IVE).

5. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 716.320,00 €, máis 150.427,20,00 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 866.747,20 €, distribuíndose nas seguintes anualidades:

2017: 149.233,33 € + IVE (31.339,00 €) = 180.572,33 €.

2018: 358.160,00 € + IVE (75.213,60 €) = 433.373,60 €.

2019: 208.926,67 € + IVE (43.874,60 €) = 252.801,27 €.

Este proxecto poderá ser financiado nun 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 2 (Mellorar o uso e a calidade das TIC e o acceso a estas), prioridade de inversión 2.3. (Reforzo das aplicacións das TIC para a administración electrónica, a aprendizaxe electrónica, a inclusión electrónica, a cultura electrónica e a sanidade electrónica); obxectivo específico 2.3.2 (Reforzar o e-goberno, e-cultura e a confianza no eido dixital) liña de actuación 2.3.2.1 (Plan de administración e goberno dixitais (PAGD), horizonte 2020); operación tramitación electrónica integral.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=172076.

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

8. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia e clasificación: véxase a alínea N) do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 26.7.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Dirección: Edificio Cinc, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 11 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas:

O lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

11. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na alínea K da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 16.6.2017.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia