Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 22 de xuño de 2017 Páx. 30856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de xuño de 2017 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/71/2017-RP1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 10 de maio de 2017, incoar o expediente de reposición da legalidade urbanística en relación coas obras consistentes na execución dunha construción de planta baixa, de metal principalmente, cunha fiestra con cortinas, con antena de televisión, depósito de auga, saída de ventilación, placas fotovoltaicas no teito e toldo na fachada principal, así como na execución dunha beirarrúa na parte do perímetro da construción, que conforma un conxunto con características e instalacións propias dun uso residencial, aínda que sexa ocasional ou de fin de semana, sen vinculación a unha explotación agrícola ou gandeira, situada no lugar de Castrillón, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo a Manuel Pena López, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida ao día seguinte desta publicación.

O interesado dispón dun prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretenda valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística