Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29595

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (87/2015).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 87/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sergio Alonso Ramos contra Talleres Fernández Coruña, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 87/2015

Demandante: Sergio Alonso Ramos

Letrado: Sr. Orantes Canales

Demandados: Talleres Fernández Coruña, S.L.

Sentenza.

A Coruña, 4 de maio de 2017.

Decisión:

1. Estimo a demanda formulada por Sergio Alonso Ramos fronte a Talleres Fernández Coruña, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 1.401,56 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro derivado do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto na presente resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, e déixese testemuño desta no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe ningún recurso ordinario.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza