Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29593

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 629/2016).

Despedimento/cesamentos en xeral 629/2016

Sobre: despedimento

Demandante: María Belén del Oro Cores

Avogada: María Victoria Garrido Zalaya

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso seguido por instancia de María Belén del Oro Cores contra o Fondo de Garantía Salarial, Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 629/2016, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, en ignorado paradoiro, a fin de que comparezan o día 18 de xullo de 2017, ás 11.55 e 12.00 horas, na planta -1, sala 6, edificio Audiencia, para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a Luis Miguélez Vázquez, Hermanos Miguélez, C.B., María del Rocío Mollinedo Casas, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 25 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza