Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29592

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (84/2016).

Procedemento: modificación de medidas definitivas 84/2016

Demandante: Eulalia do Sameiro Araújo Duarte Sabido

Procuradora: Rosario Nogueira Diéguez

Avogada: Rita Alén Pérez

Demandado: Manuel Machado Gonçalves

Procurador/a: sen profesional asignado

Avogado/a: sen profesional asignado

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, por este edicto, anuncio que, en virtude do acordado en resolución ditada no día da data no procedemento de modificación de medidas definitivas 84/2016, e de conformidade co artigo 497.2 da Lei de axuizamento civil (LAC), se lle notifica a Manuel Machado Gonçalves a Sentenza do 26 de abril de 2017, a cal non é firme, e que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días.

Fáiselle saber que a dita resolución estará ao seu dispor nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 12 de maio de 2017

O letrado da Administración de xustiza