Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1267/2014).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1267/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Fernández Muñiz contra Promociones Riocesures, S.L., Restaurante Aldeola, Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: reclamación de cantidade 1267/2014

Demandante: José Luis Fernández Muñiz

Letrada: Sra. Álvarez Pérez

Demandado: Promociones Riocesures, S.L.

Sentenza.

A Coruña, 4 de maio de 2017.

Decisión:

1. Estimo a demanda formulada por José Luis Fernández Muñiz fronte a Promociones Riocesures, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle ao primeiro a suma de 10.549,73 euros en concepto de salarios, vacacións devindicadas e non gozadas a data de despedimento e indemnización por despedimento, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

2. O Fogasa deberá pasar polo resolto nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas, deixando testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Promociones Riocesures, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza