Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29275

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4906/2016).

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4906/2016 de esta sección, seguidos por instancia de Paloma Fernández Castiñeira contra a empresa Fogasa, Dragados, S.A., Izar Construcciones Navales Sael, Navantia, S.A., Montajes Vidal, S.L., Empresa Gonzalo Garay Santiago, sobre outros dereitos de. Seguridade Social, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Que estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola demandante Paloma Fernández Castiñeira, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada nestes autos polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol. En consecuencia, estimamos en parte a demanda e condenamos solidariamente ás empresas Navantia, S.A., Izar Construcciones Navales Sael e Gonzalo Garay Santiago, a que abonen á referida demandante, en concepto de indemnización por danos e prexuízos derivados do falecemento do seu pai, a cantidade de 84.478,98 € e mantemos os restantes pronunciamientos absolutorios das empresas Dragados y Construcciones, S.A. (Dragados, S.A.), Montajes Vidal, S.L., e ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste Tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, despois da devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Vidal, S.L., Empresa Gonzalo Garay Santiago, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza