Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29277

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2185/2015).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 2185/2015 desta sección, seguido por instancia de María Ángeles Durán López contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Ibermutuamur Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais de SS Nº 274, Dualca, S.L., Jorge Lago Lago sobre accidente, ditou, en data do 15.11.2016, a Sala do social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«Declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Miguel Ángel Estévez Rosende, en nome e representación de María de los Ángeles Durán López, contra a sentenza ditada pola Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 13 de outubro de 2015, no recurso de suplicación número 2185/2015, interposto por María Ángeles Durán López, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo de data do 9 de febreiro de 2015, no procedemento nº 918/2011 seguido por instancia de María Ángeles Durán López Contra Ibermutuamur, Mutua Galega de Accidentes de Traballo, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TGSS), Dualca Porriño, S.L. e Jorge Lago Lago, sobre determinación de continxencia.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dualca, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza