Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29279

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1082/2014).

M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1082/2014 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Inversiones Comodín, S.L., Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas, Noelia Muñoz Curras, Zury Edilma Benalcazar Paz sobre outros dereitos laborais, ditou, en data do 7.3.2017 a Sala do Social do Tribunal Supremo a seguinte resolución:

«Estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representada e asistida polo letrado da Administración da Seguridade Social.

Casar e anular a sentenza ditada o 16 de xullo de 2015 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación número 1082/2014, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, con data do 28 de novembro de 2013, recaída en autos número 866/2013, seguidos por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra Inversiones Comodín, S.L., Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vergas, Noelia Muñoz Curras e Zury Edilma Benalcazar Paz.

Resolver o debate suscitado en suplicación estimando o da dita clase interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e anular a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo do 28 de novembro de 2013, ordenando repoñer as actuacións ao momento anterior a ditar sentenza para que o devandito órgano xurisdicional, con liberdade de criterio, resolva sobre a demanda de oficio presentada pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Non efectuar pronunciamento ningún sobre custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Laura Estela Ramírez Calderón, Rose Orobor, Luz Julieta Castaño Vargas, Zury Edilma Benalcazar Paz, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza