Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29273

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4430/2016 MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 4430/2016 MRA

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 291/2015 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: Isaac Carballo Rodríguez

Procurador: Ignacio Manuel Espasandín Otero

Graduada social: Rosa María Alonso Esperon

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Arpegal, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Abogados: Servizo Xurídico Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, (…), Luis Esteban Leyenda Martínez

Yo, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de Xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4430/2016 desta sección, seguido por instancia de Isaac Carballo Rodríguez contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Arpegal, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos.

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante contra a sentenza de data 26 de xullo de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo (reforzo), en autos 291/2015, confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ó 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Arpegal, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción en DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza