Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29319

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2017/036-1).

Expediente: IN407A 2017/036-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: reforma da LMT de Santa Cataliña a Randufe e centro de transformación das Caselas.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

– Reforma da LMT Santa Cataliña a Randufe (expediente 27.949), a 20 kV, de 758 m, con condutor tipo LA-56 Al, no tramo (1) que discorre por Randufe e As Caselas, co orixe no apoio existente 39 e final no apoio existente 45.

– Reforma da LMT de Santa Cataliña a Randufe (expediente 27.949), a 20 kV, de 438 m, condutor tipo LA-56 Al, no tramo (2) que discorre polas Caselas e Santa Cataliña, co orixe no apoio existente 47 e final no apoio existente 51.

– Reforma do CTI das Caselas (expediente 27.949), cunha potencia de 100 kVA 20.000/400-230 V, substituíndo os dous apoios en pórtico de formigón por un só apoio de formigón (apoio 44).

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro de 2013).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro de 2000).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña