Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 2 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2017/037-1).

Expediente: IN407A 2017/037-1.

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Denominación: CTM Santa Cataliña e LMTS de conexión á rede de distribución.

Concello: Santa Comba.

Características técnicas:

– LMTS (1) a 20 kV, de 78 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no apoio nº 51 existente da LMT Santa Cataliña-Randufe (expediente 27.949) e final no CTM proxectado. Substituirase o apoio por un de formigón vibrado. Desmantelamento dos últimos 77 m da LMT que conectan co CS Santa Comba SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (2) a 20 kV, de 28 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no empalme a realizar na LMTS Santa Cataliña-Grupo Escolar (expediente IN407A 2002/366-1) e final no CTM proxectado.

– LMTS (3) a 20 kV, de 207 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no apoio nº 1 da LMT Santa Cataliña-Guldrís (expediente 27.949). Substituirase o apoio por un de formigón vibrado. Desmantelamento dos últimos 150 m da LMTA que conectan co CS Santa Comba (SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (4) a 20 kV, de 29 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no apoio nº 1 da LMT Santa Cataliña-Francos (expediente 27.949). Desmantelamento dos últimos 12 m da LMTA que conectan co CS Santa Comba (SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (5) a 20 kV, de 212 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no apoio nº 1 da LMT Santa Cataliña-Esmorede (expediente 27.949). Substituirase o apoio por un de formigón vibrado. Desmantelamento dos últimos 183 m da LMTA que conectan co CS Santa Comba (SCC801) que se vai retirar.

– LMTS (6) a 20 kV, de 28 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240) mm2 Al, con orixe no CTM proxectado e final no empalme a realizar na LMTS Santa Cataliña-Antes (expediente IN407A 2008/604-1).

– CTM Santa Cataliña con envolvente prefabricada, cunha potencia de 100 kVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P+4V+1M. Desmantelamento do CS Santa Comba (SCC801) e do CTC Santa Cataliña (SCH070) e dos tramos de liñas substituídos.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 2 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña