Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29300

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 795/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 795/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Silveira Seoane contra Foncal Coruña, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

Sentenza:

A Coruña, 23 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 795/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Alberto Silveira Seoane, asistido da letrada María Jesús Dubra Rey, contra Foncal Coruña, S.L., a súa administración concursal e Fogasa, que non comparecen, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Alberto Silveira Seoane e condeno a empresa Foncal Coruña, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 5.858,00 euros.

Condénase a administración concursal a se ater ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Foncal Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza