Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29302

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución de cancelación de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente PO-2012/00252 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que se relacionan no anexo a resolución de cancelación da súa inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial de Pontevedra, sita na avda. Fernández Ladreda, 43, 9ª planta, 36003 Pontevedra.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada ante o director xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Despois de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Pontevedra, 29 de maio de 2017

Marta Mariño Regueiro
Jefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/NIE/Pasaporte

PO-2012/00252

Amine Hamzaoui

CH1536927

PO-2015/00969

Ali Said

2005695

PO-2014/00821

Keil Thomas Mitchell

Ornela Virginia Santos Pérez

50609233

47387837V