Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29192

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 8 de maio de 2017 polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Trasmiras (recadación de gastos derivados de execucións forzosas de actos administrativos).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do día 28 de abril de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Trasmiras (xestión do cobramento en período voluntario e recadación executiva de gastos derivados de execución forzosa de actos administrativos do Concello) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do día 19.9.1994.

En virtude desta delegación, a Deputación xestionará o cobramento en voluntaria dos ditos gastos, aprobará as liquidacións correspondentes e procederá ao seu cobramento en vía executiva en caso de impagamento.

Para o exercicio das funcións delegadas, o Concello deberá remitirlle á Deputación unha certificación na cal se relacionen os gastos derivados da execución forzosa. En caso de ser necesario, a Deputación poderá requirir a remisión da copia de expediente municipal correspondente.

A Deputación ditará e notificará os actos administrativos de liquidación conforme a certificación municipal e cantos actos administrativos sexan necesarios para a xestión do procedemento de recadación executiva, incluíndo a resolución de solicitudes de aprazamento e fraccionamento e dos recursos que se poidan interpoñer.

A Deputación percibirá polo exercicio das funcións delegadas as taxas previstas na vixente ordenanza fiscal provincial. A Deputación deducirá da transferencia do importe recadado a cantidade correspondente á taxa liquidada, sen prexuízo da notificación da dita liquidación na forma prevista no artigo 9 da ordenanza fiscal.

Esta delegación estará vixente de forma indefenida, e será revogable por acordo do concello, que deberá comunicar á Deputación cunha antelación non inferior a seis meses.

Ourense, 8 de maio de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense