Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29194

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 8 de maio de 2017 polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Boborás (recadación executiva da taxa polo abastecemento, depuración, saneamento e demais conceptos do ciclo da auga).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial, na sesión do día 28 de abril de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo Concello de Boborás (recadación executiva da taxa polo abastacemento, depuración, saneamento e demais conceptos do ciclo da auga agás o canon da auga, que será xestionado por Augas de Galicia) con alcance, contido, condicións e vixencia que se establece no Acordo do Pleno do dito concello do 30 de marzo de 2017.

Esta delegación rexerase polas condicións xerais establecidas pola Deputación Provincial de Ourense para a delegación de competencias nesta materia.

Ourense, 8 de maio de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense