Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29191

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO do 8 de maio de 2017 polo que a Deputación asume a competencia delegada nela polo Concello de Vilamartín de Valdeorras (recadación de multas coercitivas e custas xudiciais).

De conformidade co disposto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004 e 106.3 da Lei 7/1985, e cumprindo o que acordou a Corporación Provincial na sesión do día 28 de abril de 2017, faise público que a Deputación Provincial de Ourense asume a competencia delegada nela polo concello de Vilamartín de Valdeorras (recadación de multas coercitivas e custas xudiciais) nas condicións xerais establecidas e que se detallan no anuncio publicado por esta corporación no DOG do 19.9.1994.

A este respecto, enténdese que as facultades delegadas se limitan aos procesos para a recadación executiva dos ditos conceptos. Neste sentido, as custas xudiciais son fixadas polo órgano xudicial competente e as multas coercitivas son impostas polo propio concello, e a Deputación limitarse a xestionar a súa recadación executiva pero non a súa liquidación, que a deben realizar os órganos sinalados. Por outra parte, e pola súa propia natureza, con respecto a estes ingresos non cabe levar a cabo actuacións de inspección.

Corresponderalle á Deputación ditar a totalidade de actos administrativos do procedemento executivo, incluíndo a resolución dos recursos contra os ditos actos.

Esta delegación tera carácter indefinido ata a súa revogación polo Concello de Vilamartín de Valdeorras.

A data de inicio de efectos desta delegación e o prazo da súa vixencia axustaranse ás normas que ten establecidas esta deputación.

Ourense, 8 de maio de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense