Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29093

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1170/2014).

Eu, Marta Yanguas Del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1170/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Barreiros Blanco contra Peluquería Máster, S.L.U. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza.

A Coruña, 15 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 1170/2014 seguidos ante este xulgado por instancia de Lorena Barreiros Blanco, representada pola letrada María Jesús Dubra Rey, contra Peluquería Máster, S.L.U. e contra o Fogasa, todos eles non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade co seguinte,

Resolución:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Lorena Barreiros Blanco e condeno á empresa Peluquería Máster, S.L.U. a que aboe á demandante as seguintes cantidades:

– 5.495,00 euros, correspondentes á indemnización por despedimento.

– 5.823,54 euros, correspondentes a salarios e liquidación.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Peluquería Máster, S.L.U. , en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza