Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29091

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 1221/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1221/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Roca Pardiñas contra Transportes Andara 2012, S.L., Transportes Javier García Santos, S.L., Fogasa sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Sentenza.

A Coruña, 15 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada-xuíz do Xulgado Social de reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 1221/14 seguidos ante este xulgado por instancia de Paula Roca Pardiñas, asistida do letrado José Carlos Bouza Fernández, contra Transportes Andara 2012, S.L., e Transportes Javier García Santos, S.L., e contra o Fogasa, todos eles non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Fallo que, tendo por desistida á parte demandante da súa pretensión fronte a Transportes Javier García Santos, S.L., debo estimar e estimo a demanda presentada por Paula Roca Pardiñas e condeno á empresa Transportes Andara 2012, S.L., a que aboe á demandante a cantidade de 4.330,73 euros, máis o 10 % de xuros moratorios aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes Andara 2012, S.L., e Transportes Javier García Santos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza