Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29095

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (PO 362/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 362/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Regina Ramos Fraga contra Textilmendo, S.L., Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

A Coruña, 15 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado do Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario 68/2015 seguidos ante este xulgado a instancia de Raúl Neira Guzmán, asistido do graduado social Manuel Lema Devesa, contra Caspen Carpintaría, S.L., Caslar Mobiliario, S.L. Caspen 2008, S.L., e contra o Fogasa, todos non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo:

Que, tendo por desistida a parte demandante da súa pretensión fronte a Caspen Carpintería, S.L. debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Raúl Neira Guzmán e condeno solidariamente as empresas Caslar Mobiliario, S.L. e Caspen 2008, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 4.127,85 euros máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este Xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo/a maxistrado/a xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a Letrada da Administración de Xustiza, dou fe.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Textilmendo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza