Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29099

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (353/2015).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 353/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Marcos Estévez Cobela contra Reis y Gago, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza:

Na Coruña, 15 de maio de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 353/2015 seguidos ante este xulgado por instancia de Marcos Estévez Cobela, asistido do letrado José Páramo Sureda, contra Reis y Gago, S.L., e contra o Fogasa, ambos os dous non comparecidos, procedo a ditar sentenza de conformidade cos seguintes,

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Marcos Estévez Cobela e condeno a empresa Reis y Gago, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 750,13 euros.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a letrada da Administración de xustiza, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Reis y Gago, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 15 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza