Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29101

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 842/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 842/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Isabel Mosquera Pereiro contra María José Martínez Alvariño, Aroa Chaudarcas Martínez, Mafiar, S.C. sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxo encabezamento e e parte dispositiva don do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 127/2017

En Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2017.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 842/2016 sobre despedimento, seguidos por instancia de María Isabel Mosquera Pereiro, asistida pola letrada Sra. Romero Salgado, contra a empresa Mafiar, S.C., e as socias desta, María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas.

Decido:

Que, estimando a demanda formulada por María Isabel Mosquera Pereiro contra a empresa Mafiar, S.C., e as súas socias, María José Martínez Alvariño e Aroa Chaudarcas, declaro a improcedencia do seu despedimento e extinguida a relación laboral con efectos da data desta sentenza e condeno a empresa demandada a aboarlle a cantidade de 2.014,46 euros en concepto de indemnización calculada a razón de euros 33,30 euros/día, así como os salarios de tramitación desde a data do despedimento, 1 de outubro de 2016, até a data desta sentenza, polo importe de 5.361,3 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal é suficiente a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Aroa Chaudarcas Martínez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG e no taboleiro de anuncios.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza