Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29114

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (396/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 396/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra Bren Entertainment, S.A. e Intereuropa TV, S.A., se acordou citar a Bren Entertainment, S.A. e Intereuropa TV, S.A., en paradoiro descoñecido, para que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, Santiago de Compostela, o día 21 de xuño de 2017, ás 10.05 e 10.10 horas, co fin de celebrar os actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo. Poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse. Advírteselles que é unha única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán pola falta inxustificada de asistencia.

Fáiselles saber que teñen ao seu dispor, na oficina xudicial, a cédula de citación, a copia da demanda, o decreto da súa admisión e tamén as demais resolucións e documentos que figuran no procedemento.

Así mesmo, advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán mediante a fixación dunha copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate dun emprazamento.

No caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representadas tecnicamente por graduado social colexiado, ou representadas por procurador, deberán pór esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto do xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que lles sirva de citación a Bren Entertainment, S.A. e a Intereuropa TV, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírteselles ás destinatarias que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto de comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2016

A letrada da Administración de xustiza