Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas do procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de traspaletas pesadoras, balanzas, arquetas cegas, marquesiñas e sinalética para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 % no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

No Diario Oficial de Galicia núm. 95, do venres, 19 de maio de 2017, publícase a Resolución do 11 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da subministración de traspaletas pesadoras, balanzas, arquetas cegas, marquesiñas e sinalética para a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 %, no marco do Programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Unha vez advertido un erro no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, realizouse a corrección deste no sentido seguinte:

1. Corrección de erros no lote 1. Traspaletas pesadoras.

No punto 2.1., de prescricións técnicas do lote 1, é preciso realizar as seguintes correccións, tanto na versión en galego como en castelán:

Galego: onde di: «ancho dos garfos de 116 cm», debe dicir: «lonxitude mínima dos garfos de 116 cm».

Castelán: onde di: «ancho mínimo de las horquillas 116 cm», debe dicir: «longitud mínima de las horquillas 116 cm».

Unha vez corrixidos estes, procédese á publicación do prego de prescricións técnicas, no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=161796.

Esta corrección afecta o prazo de presentación de proposicións recollido no punto 9 da citada resolución, que se amplía en 10 días, polo que o prazo finaliza o 30 de xuño de 2017.

O anuncio de información adicional ou rectificativo enviouse ao Diario Oficial da Unión Europea o 7 de xuño de 2017.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio