Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28864

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 5376/2016).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5376/2016

Xulgado de orixe/autos: execución de títulos xudiciais 8/2013. Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

Recorrentes: Enrique Castro Cardoso, Manuel Pérez Fernández, Ernesto Vázquez Gramunt

Avogada: María Luisa Arosa Barbeira

Procuradora: Marta Díaz Amor

Recorridos: Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L., Marcial García Fernández, Marcial García Guillín

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5376/2016 desta sección, seguido por instancia de Enrique Castro Cardoso, Manuel Pérez Fernández, Ernesto Vázquez Gramunt contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., María del Carmen Guillín Rey, María Abel Tarrío Fernández, Marcial García, S.L., Marcial García Fernández e Marcial García Guillín, sobre incidentes de execución, ditouse a seguinte resolución:

«Fallamos que, desestimando o recurso de suplicación interposto polos demandantes-executantes Enrique Castro Cardoso, Manuel Pérez Fernández e Ernesto Vázquez Gramunt, contra o auto do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, do 11 de decembro de 2015, debemos confirmar e confirmamos a referida resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aos cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza, de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social ante esta sala. E unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza