Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28866

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (125/2016).

Eu, Eduardo Paredes Simón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, anuncio que no presente procedemento ordinario 125/2016, seguido por instancia de Insolclima, C&O, S.L. contra Manuel Emilio Mariño González, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 30 de xaneiro de 2017.

Vistos por Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos co nº 125/2016, por instancia da entidade Insolclima, C&O, S.L., representada pola procuradora Sra. Blanco Pita e baixo a dirección letrada do Sr. Díaz Delgado, contra Manuel Mariño González, declarado en situación procesual de rebeldía, dito a presente resolución.

Decido:

Que, estimando integramente a demanda formulada pola representación procesual da entidade Insolclima, C&O, S.L., contra Manuel Mariño González, debo condenar e condeno este último a aboar á entidade demandante a suma de 9.730,40 euros, así como a satisfacer os xuros legais correspondentes, desde a data da interposición da demanda (21 de marzo de 2016) até a data da sentenza, con aplicación dos xuros do artigo 576 da LAC desde a data da presente resolución até o seu completo e definitivo pagamento.

Todo isto con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acordo mando e asino. Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial.

E encontrándose o devandito demandado, Manuel Emilio Mariño González, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 30 de xaneiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza