Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27578

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 5 de maio de 2017 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Suárez II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Suárez II e da concesión administrativa que la ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 4 de maio de 2017, Tomás Pena Barbosa (35480075-E) solicita autorización para a transmisión inter vivos do 50 % da concesión administrativa e da batea Suárez II.

Segundo. O solicitante presentou a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideración legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG núm. 243, do 15 de decembro); coa Resolución do 12 de abril de 2012 de delegación de sinatura en materia de acuicultura nos titulares das xefaturas de coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, e coa disposición adicional novena do Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 239, do 16 de decembro), que dispón que as delegacións de competencias outorgadas polos distintos órganos superiores e de dirección afectados por este decreto, continuarán vixentes ata que sexan expresamente revogadas ou novamente outorgadas. Así mesmo, o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 221, do 19 de novembro), dispón a creación das xefaturas territoriais.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos do 50 %, a favor de Francisco Manuel Pena Nieto (35462028-F) e María Asunción García Outeda (35467741-Q), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Suárez II.

Situación:

Cuadrícula número: 41.

Polígono: E.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.4.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Tomás Pena Barbosa (35480075-E) 50 % privativo e Francisco Manuel Pena Nieto (35462028-F) 50 % privativo.

Novos titulares: Francisco Manuel Pena Nieto (35462028-F) 50 % privativo e o outro 50 % ganancial con María Asunción García Outeda (35467741-Q).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. Os novos titulares das concesións administrativas quedan subrogados nos dereitos e obrigas dos anteriores desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 5 de maio de 2017

A conselleira do Mar
Por delegación de sinatura (Resolución do 12.4.2012
D.A. novena Decreto 177/2016, do 15 de decembro)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña