Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de maio de 2017 pola que se notifica a imposición dunha segunda multa coercitiva, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición (expediente COR/262/2014-B1).

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 25 de abril de 2017, unha resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva, derivada do expediente de reposición de la legalidad urbanística COR/262/2014, como consecuencia de incumprir o ordenado na Resolución do 5 de novembro de 2015, na que se ordena a demolición dunhas obras consistentes en desmonte de terras, construción de dous muros de contención con bloques de formigón e execución de dous tramos de muro de pedra, no lugar de Santallamar-Esteiro, no termo municipal de Cedeira, por resultar incompatibles co ordenamento urbanístico vixente.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Luis Montero Martín e María Cruz López Velicia, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase aos interesados a dita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día siguiente ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquél en que se teña producida a notificación, ou ben, se non exercitan o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme ao disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 de la LRXPAC, expido e firmo esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística