Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27576

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores números INC-PO-0164/2016-VNA e nove máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, sito na rúa Fernández Ladreda, número 43, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen compareceren, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 26 de maio de 2017

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0164/2016-VNA.

Denunciado: Andrés Guiance Parada.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0172/2016-VNA

Denunciado: Marcos Gabriel López López.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0010/2017-VNA.

Denunciado: Demetrio Álvarez Álvarez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0026/2017-BIO.

Denunciado: José Carlos Estévez Lago.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0058/2016-BA.

Denunciado: Alberto González Alonso.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: SAN-PO-0002/2017-IA.

Denunciado: Carlos Fernández Pérez.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: MON-PO-0049/2016-VNA.

Denunciado: Gerardo Barreiro Crujeiras.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0051/2016-CSA.

Denunciada: Meisan Instalaciones, S.L.N.E.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0060/2016-CSA.

Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0061/2016-CSA.

Denunciada: Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Acto de notificación: resolución.