Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27329

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande

EDICTO (79/2016).

Eu, Agustín Gamote Álvarez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Bande, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal civil número 79/2016, seguido por instancia de Hervigon, S.L. fronte a Ver_PDF ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

En Bande o vinte de febreiro de dous mil dezasete, visto por Purificación González López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia único de Bande, os presentes autos de xuízo verbal número 79/2016 en que figura como demandante Hervigon, S.L., representado pola procuradora Gloria Sánchez Izquierdo, que foi substituída no xuízo por Sonia Juiz, e asistido polo letrado Ignacio Marquina García, contra Ver_PDF, en situación procesual de rebeldía,

Resolución

Estimo totalmente a demanda interposta pola procuradora Sonia Juiz, en nome e representación de Hervigon, S.L. contra Ver_PDF, en situación procesual de rebeldía, e condeno o demandado Ver_PDF a aboar a Hervigon, S.L. a suma de tres mil euros (3000 euros), máis os xuros legais correspondentes, así como ao pagamento das custas procesuais xeradas no presente procedemento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta, conforme o artigo 455, número 1, da LAC (modificado pola Lei 37/2011 de medidas de axilización procesual) non cabe recurso ningún e é firme.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E encontrándose o devandito demandado, Ver_PDF, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Bande, 23 de febreiro de 2017

O letrado da Administración de xustiza